O Concello de Cervo pide a devolución da pancarta elaborada polos comerciantes

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo insta á Subdelegación do Goberno do Estado, que encabeza a socialista viveirense Isabel Rodríguez, a que devolva con carácter urxente a pancarta elaborada e sufragada polos comerciantes do municipio en apoio aos traballadores de Alcoa.
portada btteando
15 Xuño 2020

O Concello de Cervo insta á Subdelegación do Goberno do Estado, que encabeza a socialista viveirense Isabel Rodríguez, a que devolva con carácter urxente a pancarta elaborada e sufragada polos comerciantes do municipio en apoio aos traballadores de Alcoa.

A lona que rezaba “sen industria non hai futuro, comercio de Cervo - San Cibrao”, foi instalada no día de onte por empregados municipais sobre a ponte de acceso a Ríocobo sobre a N-634 e retirada pola Subdelegación de Goberno; unha actuación que desde a Administración local cualifican como “acto de censura” incompresible máxime nestes momentos de gran incerteza que estamos a vivir todos na Mariña.

Desde o Concello entenden que neste intre a retirada desta pancarta é un acto inconcibible e que está totalmente fora de lugar; e instan de novo a este organismo a que lla devolvan canto antes aos seus propietarios “e xa nos faremos cargo nós de colocala noutro emprazamento que non lle incomode tanto ao Goberno”.

0.19638204574585