O Concello de Cervo organizará un ano máis e celebrará a XXXVI Festa da Maruxaina

AMariñaXa
O Concello de Cervo celebrará a XXV edición da Maruxaina o sábado 13 de agosto co actividades para todos os públicos.
presentacion maruxaina cervo 2023
6 Aug 2023

O Concello de Cervo organizará un ano máis e celebrará a XXXVI Festa da Maruxaina o sábado 12 de agosto. A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, a tenente alcalde, Mali Méndez, a edil de Servizos Sociais, Pilar Armada, o concelleiro de Emprego e Formación, Alfredo Fernández, e por unha representación da asociación Amigos da Maruxaina, que se encarga da pre-maruxaina e do xuízo a medianoite.

Ese día 12 serán os actos centrais, pero xa o venres terá lugar a Pre-Maruxaina co gran chupinazo ás 19:00 horas, seguido da concentración de Maruxainos e Maruxainas na Praza dos Campos, onde haberá degustación de empanadas típicas galegas e bolos preñados. Ás 21:00 horas está previsto o nomeamento do Maruxaino ou Maruxaina de Honra 2023, a cargo da Asociación Amigos da Maruxaina.

Xa o sábado, 12 de agosto, será o día grande, que estará animado desde primeira hora polo ritmo de diferentes charangas e gaiteiros. Xa ás 23:00 horas será o desembarco da Maruxaina na Praia do Torno. Durante o traxecto as persoas asistentes poderán gozar dun espectáculo de fogos de artificio.

Ás 00:00 horas será o gran xuízo popular, seguido dunha degustación de balde de queimada na Praza dos Campos. A continuación, haberá verbena na Praza dos Campos

Este mesmo venres, ademais, o Concello de Cervo celebrou a Xunta Local de Seguridade para acabar de perfilar o operativo da Festa.

Na Xunta, que estivo presidida pola rexedora, Dolores García Caramés, participou tamén a subdelegada do goberno, Isabel Rodríguez,  a tenente alcalde, Mali Méndez, o edil de Seguridade Cidadá, José Manuel Balseiro, o responsable do GES, a Policía Local, respresentantes da Garda Civil e da Garda Civil de Tráfico, e da Policía Autonómica. A xunta centrouse no dispositivo de seguridade da Maruxaina pero tamén se abordaron cuestións relativas á seguridade cidadá do noso municipio.

Desde o Concello de Cervo animan a veciños e visitantes a desfrutar  desta Festa declarada de Interese Turístico Galego, que é un reflexo da unión de San Ciprián co mar.  Traballamos –engaden- para que a harmonía reine no pobo durante a celebración dunha festa na que as tradicións familiares se misturan coa  xente nova.

XXVI maruxaina 2023

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.18081498146057