O Concello de Cervo organiza un curso gratuíto de socorrismo en espazos acuáticos naturais
AMariñaXa
O Concello de Cervo organiza un Curso gratuíto de Socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.
12 Apr 2023
O Concello de Cervo organiza un curso gratuíto de socorrismo en espazos acuáticos naturais con certificado de profesionalidade.
A data de inicio está programada para o 15 de maio, cunha duración de 4 meses e rematando o 11 de setembro. As inscricións pódense tramitar na Oficina de Emprego de Burela e hai un total de 15 prazas
As clases impartiranse en horario de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres. O curso está orientado a persoas e en situación de desemprego pero poderase cubrir ata un máximo de 30% de persoas en activo.
Para resolver calquera dúbida ou obter máis información sobre o curso, pódese acudir ao Concello de Cervo ou ben chamar ao 982 557 777.