O Concello de Cervo mellora o parque infantil da Senra

AMariñaXa
O Concello de Cervo investirá máis de 13.000 euros na mellora do espazo, co apoio de fondos municipais
Cervo-parque-Senra-2025
14 Feb 2025

O Concello de Cervo está a levar a cabo unha serie de traballos de mellora no parque infantil da Senra. A rexedora, Dolores García Caramés, e o edil de Zona Rural, Adrián Arias, supervisaron a actuación acompañados de membros da asociación cultural e recreativa O Raxal. O proxecto supón un investimento que supera os 13.000 euros, todos eles procedentes de fondos municipais.

Tal e como destacou a alcaldesa, o obxectivo principal do Concello é manter en óptimas condicións todos os espazos públicos e as zonas de esparexemento para o benestar da veciñanza. Esta actuación, que se enmarca nesta liña de traballo, busca garantir que as zonas de lecer sexan seguras e agradables para todas as persoas, contribuíndo ao goce de nenos e nenas e ás actividades comunitarias.

0.16803193092346