O Concello de Cervo mellora e acondiciona o Camiño da Fraga

AMariñaXa
A actuación foi no tramo que conecta a parroquia da Rúa co lugar de Trasbar
cervo
30 Dec 2024

O Concello de Cervo vén de realizar traballos de mellora e acondicionamento do Camiño da Fraga, que conecta a parroquia de Rúa co lugar de Trasbar. En concreto, actuouse nun tramo de 475 metros lineais cun ancho de 3,80 metros dunha pista de natureza rural pensada fundamentalmente para uso gandeiro, agrícola e forestal adaptado para vehículos de tipo todoterreo.

A alcaldesa, Dolores García Caramés, e o concelleiro de Zona Rural, Adrián Arias, achegáronse ata o lugar para supervisar a actuación que supón unha mellora da rede viaria e da seguridade neste traxecto, que supuxo un investimento de 22.337,10 euros, procedentes integramente das arcas municipais.

Caramés explicou que a obra -xa rematada- foi concibida co obxectivo de mellorar o firme deste camiños sen variar a súa natureza, conseguindo unha boa evacuación e drenaxe das augas pluviais e incidindo como se dixo na mellora da seguridade das persoas que empregan esta arteria de comunicación no seu día a día.

A alcaldesa fixo fincapé na importancia deste tipo de actuacións “que contribúen a poñer en valor o noso rural, facéndoo máis seguro e accesible”.

0.16948318481445