O Concello de Cervo mellora a rede de recollida de augas pluviais

TerraChaXa | AMariñaXa
13 Feb 2019

O Concello de Cervo segue a traballar pola posta en valor de todos os bens patrimoniais do municipio.
Nesta ocasión, o rexedor, Alfonso Villares, e a edil de Cultura, Dolores García Caramés, estiveron supervisando, acompañados de membros da Comisión Parroquial, os traballos de mellora da rede de recollida de augas pluviais e do firme que se están a executar estes días na Igrexa de Cervo.
Tal e como explicou o rexedor “a actuación supón un investimento de máis de 10.000 euros procedentes das arcas municipais, e consiste, a grandes rasgos, “na execución de novas canalizacións e na colocación de sumidoiros que van conectados á rede separativa de pluviais da Rúa da Igrexa, recentemente reformada; e na renovación do pavimento da contorna que estaba moi deteriorado”. Con estes traballos –engadiu Villares- o que conseguimos é  evitar a formación de charqueiras e reducir, consecuentemente, a humidade concentrada no interior da Igrexa, froito, en boa medida, da acumulación desa auga no exterior”.

0.19551420211792