O Concello de Cervo mellora a accesibilidade en Río Cobo

AMariñaXa
O Concello destinará preto de 50.000 euros na mellora da accesibilidade e da seguridade en Río Cobo, en concreto na urbanización Vía Láctea. 
cervo obras accesibilidade rio cobo
16 Out 2022

O Concello de Cervo destinará preto de 50.000 euros   na mellora da accesibilidade e da seguridade en Río Cobo, en concreto na contorna da urbanización Vía Láctea. 

O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde, Dolores García Caramés, achegáronse ata a zona para supervisar os traballos que comezaron esta semana e que están cofinanciados coa Xunta de Galicia que aporta algo máis de 22.000 euros.

Tal e como explicou Villares a obra contempla a renovación parcial da rede de saneamento –separando augas residuais e pluviais- e a execución de novas beirarrúas, mellorando substancialmente as condicións de accesibilidade e a seguridade, tanto do tráfico rodado como dos peóns.

Villares apuntou que se trata dunha actuación importante para este núcleo, “tentamos que as inversións públicas cheguen a cada recuncho do noso concello, dotándoo de servizos e infraestruturas que o fagan máis atractivo para vivir; traballamos decididamente para elo”.

0.12421107292175