O Concello de Cervo inviste na mellora da rúa Beiramar en San Cibrao

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Cibrao, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa Beiramar, no centro da vila.
Tal e como explicaron, a actuación supón un orzamento de preto de 35.000 euros-33.385 euros concretamente- financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.