O Concello de Cervo inviste na mellora do firme da rúa dos Campos en San Cibrao
AMariñaXa
O Concello de Cervo inviste preto de 50.000 euros para mellorar o firme da rúa dos Campos en San Cibrao, no centro da vila.
27 Xan 2023
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente-alcalde, Dolores García Caramés e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata San Cibrao, para supervisar a actuación de mellora do firme da Rúa dos Campos, no centro da vila.
Tal e como explicaron, a actuación, que abrangue unha superficie de 1500 metros cadrados, supón un orzamento de preto de 50.000 euros-47.198 euros concretamente- financiados integramente con fondos municipais e responde ao obxectivo de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado.