O Concello de Cervo inviste 150.000 euros na mellora de diferentes vías de comunicación na parroquia de Rúa

AMariñaXa
O Concello de Cervo inviste 150.000 euros na mellora de diferentes vías de comunicación na parroquia de rúa
mellora de estradas en Ru copia
12 Maio 2023

A tenente-alcalde, Dolores García Caramés, e a edil de Obras, Mali Méndez, desprazáronse ata Rúa, para supervisar a actuación de mellora e acondicionamento de diferentes vías de comunicación na parroquia de Rúa, que se está a acometer estes días.

Tal e como explicaron, a actuación abrangue unha superficie de preto de 5000 metros cadrados, e afecta aos camiños situados nos lugares da Carballa, Pereiro e Randea, cun investimento total de 150.000 euros procedentes todos eles das arcas municipais.

A obra supón un reforzo do firme existente coa incorporación de novas capas máis adecuadas ás características do tráfico rodado que soportan estas vías; co obxectivo tamén de facilitar a accesibilidade ás parcelas agrícolas e ás vivendas da zona.

Desde o Concello explicaron que “con esta nova actuación tratamos de ir mellorando, pouco a pouco, o asfaltado daquelas zonas do noso municipio que o precisen polo desgaste provocado polo paso do tempo e as inclemencias meteorolóxicas, para mellorar a seguridade, neste caso, do tráfico rodado”.

0.1452329158783