O Concello de Cervo instala desfibriladores en colaboración coa Asociación Saúde Mental A Mariña

AMariñaXa
Esta iniciativa reafirma o compromiso do Concello de Cervo coa saúde e o benestar da súa comunidade
cervo-desfibrilador-centros-xestion-saude-mental-2025
19 Jan 2025

O Concello de Cervo deu un paso máis na protección da saúde da súa veciñanza ao instalar desfibriladores semiautomáticos nos centros que xestiona a Asociación Saúde Mental A Mariña no municipio. Estes dispositivos xa están dispoñibles tanto no centro da Senra como no da Praza dos Soutos. Ambos desfibriladores están xeolocalizados polo 061 e son de acceso público, dispoñibles as 24 horas do día, ofrecendo servizo a toda a cidadanía e convertendo estas instalacións en dous novos espazos cardioprotexidos.

Ademais, o persoal da Asociación Saúde Mental A Mariña participou recentemente nunha formación teórico-práctica especializada. O obxectivo desta capacitación foi dotar aos traballadores das habilidades necesarias para responder con eficacia ante situacións de urxencia ou emerxencia, garantindo a máxima seguridade e un trato de excelencia ás persoas usuarias destes servizos.

Esta iniciativa reafirma o compromiso do Concello de Cervo coa saúde e o benestar da súa comunidade, promovendo medidas que potencian a seguridade e a prevención en situacións críticas.

0.16786599159241