O Concello de Cervo fixo entrega das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños

AMariñaXa
O Concello de Cervo fixo entrega das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños que quixeron participar neste pedido conxunto
cervo arbores froiteiras 2022
12 Feb 2022

 A edil de Medio Ambiente de Cervo, Mali Méndez, fixo entrega das árbores froiteiras e autóctonas aos veciños que quixeron participar neste pedido conxunto, que dende o Concello se leva tramitando dende hai varios anos.

Méndez subliñou que con iniciativas coma esta o que “pretendemos é abrir camiño á veciñanza para que as súas fincas sexan cada vez máis produtivas”.

O ter tramitado o pedido conxunto supón, ademais, -precisou- “un importante aforro aos veciños e ás veciñas que solicitaron as árbores”, que nesta ocasión foron especies moi variadas: maceiras, pereiras, cerdeiras, castiñeiros, figueiras, carballos, aguacateiros…

O número de exemplares entregados nesta ocasión foi de 121 árbores solicitados polos veciños.

0.18561387062073