O Concello de Cervo felicita á veciñanza co seu tradicional calendario

TerraChaXa | AMariñaXa
20 Dec 2020

O Concello de Cervo felicita á veciñanza co tradicional calendario de Nadal que foi presentado no edificio municipal por parte do equipo de Goberno.

En total editáronse 2.200 exemplares que xa se comezarán a repartir xa fogar por fogar.

Tal e como explicou o rexedor “este calendario é xa é un clásico do Concello de Cervo por estas datas, e cremos que é unha ferramenta moi útil para os nosos veciños porque recolle todas as datas importantes que terán lugar ao longo de todo o ano en Cervo, e tamén as festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional; ademais da táboa de mareas e os teléfonos de interese do noso Concello”.

Toda esa información vai incluída nun deseño moi especial e moi noso, xa que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de grupos de amigos, familias, de paisaxes, de xuntanzas ou de diferentes actividades ou celebracións, situacións da nosa vida cotiá, de datas recentes, “que este ano marcado por unha pandemia mundial cobran máis valor se cabe; porque este virus obrigounos a transformar o noso modo tradicional de relacionarnos facéndonos valorar aínda moito máis eses momentos vividos”.

No calendario o alcalde, Alfonso Villares, comparte unhas reflexións con toda a veciñanza, recordando especialmente a todos eses sectores golpeados pola pandemia que puxo e pon en perigo centos de postos de traballo; e tamén quixo ter palabras de agarimo para todas esas persoas cuxa saúde se viu gravemente afectada por este virus que se levou por diante moitas vidas humanas “algúns deles desgraciadamente veciños nosos; o noso agarimo para as familias afectadas”.

Na súa carta Villares tamén alude á situación que viven as familias do alumnio “confiemos en que esa luz poida ser albiscada tamén por todas esas familias de Cervo e de toda A Mariña que, directa ou indirectamente, viven do aluminio. Agardamos que este novo ano que inauguramos traia consigo boas novas para toda a nosa comarca”; precisa.

O alcalde non quixo esquecerse de “todos os profesionais sanitarios, de Emerxencias e de Servizos Sociais, cuxa entrega e dedicación foi e está a ser infinita nesta crise sanitaria”.

Ao mesmo tempo, na súa carta fai un chamamento ao consumo no comercio local; “porque xuntos somos máis fortes e todos unidos sairemos desta”.

0.18821096420288