O Concello de Cervo facilita a diversificación apostando por novos proxectos I+D+I

AMariñaXa
Cervo facilita a diversificación do sector acuícola apostando por novos proxectos I+D+I. Algas da Mariña estará no Polígono de Cuíña
140323 colaboración empresa acuícola
14 Mar 2023

O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a tenente alcalde, Dolores García Caramés e o edil de Turismo, David Rodríguez, acompañados por técnicos municipais, veñen de manter un novo encontro cos responsables da empresa de nova creación “Algas da Mariña”, Jesús Barreiro e José Manuel Louzao, que estiman implantar a súa actividade nos vindeiros meses nunha superficie que abrangue tres parcelas que suman 12.000 m2 situadas no Polígono de Cuíña, “cuxos trámites están moi avanzados con XESTUR, cos que xa teñen o terreo reservado”.

Tal e como explicou o rexedor, desde o Concello, estamos a facilitar ao máximo posible todos os trámites que nos competen, para facilitar a diversificación do sector acuícola no noso municipio, “nunha clara aposta polo I+D+I, apoiando un proxecto como este enmarcado nun sector con gran potencial e en proceso de expansión como é o do cultivo de algas, altamente sostible e con múltiples aplicacións en diferentes sectores desde o alimentario, o farmacéutico ou o téxtil”. O rexedor quixo amosar a súa ledicia porque estes emprendedores se fixaran no noso Concello como “lugar privilexiado pola súa situación para a posta en marcha da súa actividade, que traerá novos investimentos a Cervo, e o que é máis importante a creación de postos de traballos”. Desde a empresa cifran o investimento, que se desenvolverá en catro fases, en máis de 20 millóns de euros, e estiman que se crearán uns 70 empregos.

Desde a firma, avalada polo gabinete de enxeñería INDUTEC, apuntan algunhas das aplicacións das potenciais aplicación das algas, como é o uso para cosmética, farmacia, para-farmacia, alimentación humana ou biocombustibles. O proxecto, como se dixo, e tal e como precisan deste Algas da Mariña, consta de varias seccións:

- Quinta gama. Contempla a elaboración, envasado e venta de pratos preparados a partir de produtos de la zona, para o que dispoñen dun acordo de colaboración con produtores da contorna para a provisión de materias primas.

- Planta de cría e procesamento de mariscos. Ten como obxecto a cría, elaboración e venta de mariscos de maior calidade nun entorno controlado, en viveiros nutridos por auga mariña extraída directamente da costa.

- Embotelladora de auga de mar. Contempla desde o envasado de auga para a súa subministración directa, elaboración de bebidas isotónicas ou colutorios con base de auga mariña, entre outros.

- Obradoiro e viveiro para o cultivo de algas. O sector que estiman que será o máis relevante da súa actividade.

0.18142700195312