O Concello de Cervo desprega unha nova rede de conectividade inhalámbrica
O Concello de Cervo vén de despregar unha nova rede de conectividade inhalámbrica (LoRaWAN) que nunha primeira fase permitirá facilitar o día a día dos gandeiros pero que ofrece múltiples posibilidades como o seguimento e rastreo de persoas maiores ou nenos/as, para contedores de auga intelixentes, sensorización de niveis de lixo, calidade da auga, sensorización de máquinas ou seguimento de persoas en rutas de sendeirismo, entre outras moitos usos.
O rexedor, Alfonso Villares, e a tenente alcalde Dolores García Caramés, desprazáronse ata o local social de Trasbar, onde se instalou unha das cinco antenas que garantirán a cobertura na totalidade do termo municipal, para coñecer en primeira persoa o funcionamento desta rede pública, que permitirá sumar ata 1000 dispositivos por antena sen problemas de sobrecarga.
Tal e como explicaron, esta iniciativa nace en colaboración co sector gandeiro que fará uso da rede para ter localizados e monitorizados en todo momento aos seus animais, que levarán incorporado un colar que lles ofrecerá todo tipo de información en tempo real. Pero, tal e como se dixo, os usos son moi diversos, "tamén para mellorar a eficiencia dos servizos públicos".