O Concello de Cervo convoca un certame de poesía infantil sobre Nadal

AMariñaXa
O Concello de Cervo convoca un certame de poesía infantil sobre Nadal para nenos de entre 8 a 16 anos.
1 certame poesia nadal cervo 2023
4 Dec 2023

O Concello de Cervo convoca un certame de poesía infantil sobre Nadal para nenos de entre 8 a 16 anos.

Os traballos deberán estar escritos en galego cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara; con cada traballo acompañarase unha folla co nome e demais datos do autor. Haberá tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos, de 12 a 16 anos.

Os traballos poden entregarse na biblioteca da Casa da Cultura ata o 18 de decembro e o fallo do xurado farase público en xaneiro de 2024.

Os premiados na fase local participarán na fase provincial do Certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura

certame poesia nadal cervo 2023
0.20252299308777