O Concello de Xove convoca o CovidEntróidate
O Concello de Xove vén de convocar un concurso de covidisfraces denominado CovidENTRÓIDATE.
Os disfraces deberán gardar relación co covid-19; dende a organización preténdese abrir un espazo imaxinativo que poda contribuir, a través do humor, a superar estes tempos de incertidume e inquedanzas.
Poderán participar no concurso e ser beneficiarios dos correspondentes premios calquera particular, a título individual ou familias, entendidas neste caso como unidade de convivencia (residencia no mesmo domicilio). O concurso está aberto a todo o mundo.
Establéncense tres categorías, individual (menores de 14 anos), adultos e familiar. Os premios oscilaran nas categorías individuais entre os 100 e os 50 euros e na de grupo entre os 200 e os 100 euros. Haberá tres distincións por categoría.
Cada participante poderá presentar un solo covidisfraz (no caso das categorías individual infantil e individual adulto) ou grupo de covidisfraces (no caso da categoría familiar). Non obstante, un participante individual (infantil ou adulto) poderá estar incluído na categoría familiar, sen poder figurar como representante do grupo nin presentarse co mesmo covidisfraz.
A data límite para presentar as inscricións será as 15.00 horas do día 26 de febreiro.