O Concello de Cervo convoca a XI edición do Certame de Amor na Rede

AMariñaXa
O certame conta con tres formatos: carta, foto e vídeo, e haberá premios para cada modalidade e idade
XI-certame-de-amor-na-rede-cervo-2025
10 Feb 2025

O Concello de Cervo vén de anunciar unha nova edición do Certame de Amor na Rede, que este ano celebra a súa XI convocatoria. A temática elixida para esta ocasión é "A Fórmula do Amor", sobre a que os participantes poderán expresar a súa creatividade a través de tres formatos diferentes: carta, foto e vídeo.

O certame divídese en dúas categorías de idade: menores e maiores de 18 anos. Haberá premios para cada un dos formatos e ademais valorarase o traballo máis orixinal en cada categoría.

O prazo de presentación dos traballos remata o xoves 13 de febreiro e os interesados poderán enviar as súa propostas ao correo prensa@concellodecervo.com ou a través de WhatsApp ao 683 315 939.

Os traballos presentados serán publicados o venres 14 de febreiro no Facebook do Concello de Cervo. Os gañadores determinaranse en función do número de "gústame" acadados ata as 22:00 horas dese día. Ademais, outorgarase un premio especial ao traballo máis orixinal en cada categoría de idade.

Os nomes dos gañadores serán anunciados o luns 17 de febreiro a través das redes sociais do Concello de Cervo.

Na categoría de menores de 18 anos, o premio para cada formato será un vale de 40 euros para gastar en calquera establecemento do municipio. Para os maiores de 18 anos, os gañadores recibirán un vale por unha cea para dúas persoas en calquera establecemento hostaleiro do Concello de Cervo.

0.16938996315002