O Concello de Cervo coloca preto dunha vintena de colectores marróns para favorecer a reciclaxe da materia orgánica

AMariñaXa
O Concello de Cervo celebrou o martes, 26 de xaneiro, do Día Mundial da Educación Ambiental entregando contedores de reciclaxe
contedor marron cervo
29 Oct 2023

O Concello de Cervo pon a disposición da veciñanza preto dunha vintena de colectores marróns, instalados en puntos estratéxicos do municipio, co obxectivo de facilitarlle á veciñanza a reciclaxe da materia orgánica que xeren nos seus fogares, tal e como vén establecido polas directivas europeas que están a marcar este rumbo.

A rexedora, Dolores García Caramés, e a edil de Medio Ambiente, Mali Méndez, explicaron que, desde este mesmo luns, a veciñanza que desexe participar neste “exercicio de corresponsabilidade” poderá cubrir a súa solicitude na Casa do Concello ou na Casa da Cultura, e recibirá unha chave para facer un uso responsable e individualizado dos colectores marróns que xa foron instalados estes días en diferentes zonas do Concello de Cervo.

Caramés recorda neste sentido, que desde o Concello xa temos en marcha a campaña divulgativa e informativa “Súmate ao Marrón, ten moita vida”, co obxectivo de achegar á veciñanza toda a información relativa á reciclaxe da materia orgánica e de promover o uso do novo contedor “que é unha das engrenaxes chave da economía circular para valorizar gran parte do lixo que xeramos nos nosos fogares”

Neste senso, o Concello de Cervo xa fixo chegar aos fogares cervenses días atrás un folleto explicativo, no que se detalla polo miúdo sobre plano os lugares do municipio nos que se sitúan os contedores marróns dentro do termo municipal.

Ademais, no folleto tamén se explica polo miúdo que tipo de residuos se poden depositar no contedor marrón tales como restos de todo tipo  de comida, pousos de café, restos de plantas, flores, papel de cociña usado…; cuxo tratamento se realizará na planta de biorresiduos situada no Polígono de Cuíña, que entrará en funcionamento proximamente, e que dará servizo a case 70.000 habitantes.

Tal e como recordan, “desde o Concello de Cervo xa levamos moitos anos sensibilizados coa compostaxe doméstica, promovendo á súa práctica entre os fogares cervenses a través de diferentes iniciativas didácticas e tamén ofrecendo composteiros de balde ás familias; de feito a día de hoxe preto de 300 fogares fan o seu propio compost na casa”.

0.17196202278137