O Concello de Cervo axiliza ao máximo o pago aos provedores

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo está ao día no abono de facturas aos provedores, tal e como explica o rexedor, Alfonso Villares.
28 May 2020

O Concello de Cervo está ao día no abono de facturas aos provedores, tal e como explica o rexedor, Alfonso Villares.

O período medio de pago a provedores será un dos asuntos sobre os que se dará conta no Pleno ordinario que se celebrará hoxe xoves, ás 13:00 horas.

Villares precisou que desde a Administración local, a través do persoal municipal a quen lle temos que agradecer a súa profesionalidade, “fíxose un esforzo extra neste tempo para axilizar ao máximo o pago aos provedores a fin de poder contribuír a aliviar a carga que soportan na actualidade debido á crise sanitaria o COVID-19, tratando de inxectarlles liquidez para minimizar o impacto que a pandemia está a provocar sobre os seus ingresos e na súa actividade”.

O rexedor indicou que aínda que as instalacións do Concello permaneceron pechadas ao público ata o pasado 12 de maio –cando se restableceu a atención presencial baixo cita previa-; o persoal municipal non deixou de traballar durante o confinamento a fin de poder dar resposta ás necesidades da veciñanza, na medida que o permitise a situación excepcional que vivimos; entre elas o abono de todas as facturas rexistradas.

Na orde do día do pleno que se celebrará mañá tamén figura entre outros asuntos, a dación de conta da liquidación do Orzamento de 2019, e do plan orzamentario a medio prazo 2021-2023.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17819404602051