O Concello de Cervo anuncia que está exposta unha a mostra ‘Naufraxios’ no paseo do Torno

AMariñaXa
A exposición está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano
Mostra-Naufraxios-en-Cervo
18 Xul 2024

O Concello de Cervo anuncia que está exposta unha nova mostra de ‘Naufraxios’ da Costa da Morte que percorre o paseo do Torno, en San Cibrao.

Promovida por Suministros Lar, está composta por nove pezas decoradas por ambas caras e estará instalada durante todo un ano para desfrute de veciños e visitantes.

A mostra pertence á novena edición do Concurso de Murales de Azulejo Lar, no que participan estudantes de secundaria e persoas usuarias das asociacións Apem e Aspabe que desde o 2006 que se puxo en marcha tivo moita aceptación, explorando cada ano diferentes temáticas co obxectivo de dar una nova vida á cerámica coa súa reciclaxe e así concienciar sobre la importancia de protexer o medioambiente.

Neste caso, son nove os naufraxios protagonistas: O City of Agra (afundido en Arou, Camariñas), A Bayonnaise (Fisterra), O Serpent (Trece, Camariñas), Mount Parnes (Corcubión), San Jerónimo (faro Cee), Ambaca (Touriñán, Muxía), Brigneti (Vilán, Camariñas), The Great Liverpool (Gures, Cee) e Mina Sorriego (Muxía).

0.15664005279541