O Concello de Cervo adecuará un vieiro entre os montes de Caolín, en San Román, e a N-642
O Concello de Cervo leva máis dun ano traballando nun proxecto de adecuación e construción dun vial que servirá de enlace entre os montes de caolín situados na parroquia de San Román, e a N-642, á altura do Burgo de Daian, onde se situaba a antiga canteira "a fin de favorecer o tránsito dos vehículos pesados da mina de caolín que está a piques de poñerse en funcionamento, e tamén dos camións que transportan madeira dos montes cervenses, evitando así o seu paso polos núcleos de poboación".
Así o explicou o rexedor, Alfonso Villares, quen apuntou que é unha boísima noticia, especialmente para a parroquia de San Román, que se vaia retomar a actividade desta mina, "desde o Concello estamos en contacto coa firma arrendataria da canteira para facilitarlles na medida das nosas posbilidades a súa actividade, tan positiva para o noso municipio".
Deste xeito -engadiu- esta vía de enlace que proxectamos, e da que xa son coñecedores, discorre na súa totalidade por terreos municipais, o que nos permitirá axilizar ao máximo os tempos e os trámites, ao depender en todos os aspectos e unicamente da administración local.