O Concello de Cervo acondiciona os locais sociais
TerraChaXa | AMariñaXa
28 Feb 2019
O Concello de Cervo acondiciona os locais sociais municipais para facelos máis confortables para as persoas usuarias.
O rexedor, Alfonso Villares, e o edil de Obras, Plácido Pérez, supervisaron os traballos de mellora que se veñen de acometer no Ecomuseo de Cervo. En concreto, delimitáronse locais coa instalación de novas portas facendo as estancias máis acolledoras.
Na actualidade neste edificio impártense clases das Escolas Deportivas, obradoiros de memoria e é o escenario de diferentes exposicións ao longo do ano.