O Concello de Cervo acometerá dúas actuacións de mellora na parroquia de Rúa

AMariñaXa
O Concello de Cervo ten previsto acometer dúas actuacións na parroquia de Rúa antes de que remate este ano.
via caseta cazadores Rua cervo
4 Aug 2021

O Concello de Cervo ten previsto acometer dúas actuacións na parroquia de Rúa antes de que remate este ano. Así o explicou o rexedor, Alfonso Villares, que mantivo un encontro co pedáneo da zona Ramón Elemparte.

En concreto, as obras vanse executar no depósito de auga potable da ETAP e na vía que vai á caseta dos cazadores. A primeira actuación suporá un investimento de preto de 50.000 euros – 48.187,16 concretamente- todos eles procedentes de fondos municipais, e consistirá na execución dun valado perimetral do depósito de auga, executándose tamén unha cancela para os peóns e outra de grandes dimensións para facilitar o acceso con maquinaria para a realización de traballos de conservación.

Realizarase ademais unha limpeza e saneado xeral e a impermeabilización do depósito que abastece Rúa e tamén o resto do concellos; e traballos de reparación e saneado sempre que sexa preciso.

En canto á segunda actuación –tal e como explicou Villares- xa se realizaron os traballos previos, co correspondente levantamento topográfico e nos vindeiros días concretarase o orzamento preciso para executar a obra, que consistirá no asfaltado do tramo de máis dun quilómetro de lonxitude que conduce á caseta dos cazadores, así como os arredores da mesma, para facilitar o tránsito dos vehículos.

depostito auga rua cervo
0.16475892066956