Burela prepara a VIII Festa Castrexa esta fin de semana
O Concello de Burela xa ten as datas para a VIII Festa Castrexa que será o 28 e 29 de xuño.
Así pois, a próxima edición da Festa Castrexa cambia de fin de semana e celebrarase a última fin de semana de xuño de 2019.
O programa de actividades, que aínda non está pechado, non descartar as actividades como noutras edicións, xogos castrexos ou diferentes torneos. E non faltará tampouco o aliciente gastronómico.
Como novidade, este ano a queimada do venres bébese nun maravilloso corno feito polos amigos da asociación Eu Son de Burela.
Polo precio de 3,50 euros podese mercar de forma anticipada na Peluquería O Campón, Gráficas Arfe e Óptica Alain Afflelou. E o día da festa, o prezo será de 4,00 euros.