O Concello de Burela segue a sancionar aos propietarios que non limoan as fincas

AMariñaXa
No que vai do ano 2024 executáronse un total de 52 expedientes tramitados a través da Orde de Execución de limpeza
Limpeza-de-parcelas-burela
27 Aug 2024

O Concello de Burela  continúa a aplicar a execución forzosa da limpeza daquelas fincas notificadas que permanecen en condicións insalubres e causando problemas na vía pública. No que vai do ano 2024 executáronse un total de 52 expedientes tramitados a través da Orde de Execución de limpeza de parcelas. No pasado ano 2023, foron máis de 100 os expedientes executados.

Xa se realizou a limpeza completa en máis da metade dos 52 casos deste ano, e a meirande parte dos restantes están próximos á resolución. Hai 6 fincas actualmente en execución subsidiaria, 5 delas xa executadas, e unha en curso. Dende o Concello destacan que as persoas propietarias de parcelas teñen o deber legal de mantelas limpas e de que a vexetación non invada a vía pública, non sendo responsabilidade da administración local a súa limpeza.

En caso de que unha finca notificada pola infracción desta norma non fose limpada axeitadamente, o Concello procede á limpeza forzosa, que deberá ser pagada integramente polo dono ou dona, sumándose isto á multa correspondente.

O prazo para que se realice a execución forzosa é de 8 a 10 meses despois da notificación. O custe medio por parcela, a abonar polo propietario en caso desta execución, é de 0,5 euros por metro cadrado.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.20373392105103