O Concello de Burela reorganiza o aparcamento para manter e crear novas prazas

O Concello de Burela anunciou que os traballos para habilitar 40 novas prazas de aparcadoiro na rúa Leandro Cucurny xa están en marcha. Dende o Goberno local sinalan que a súa intención non é reducir o número de estacionamentos dispoñibles, senón reorganizalos e trasladalos a diferentes zonas do municipio.
Segundo explicaron, a actuación forma parte dun plan máis amplo que busca dar resposta ás necesidades de aparcamento da cidadanía. Neste sentido, confirmaron que se seguirá traballando en novas reorganizacións e en alternativas que permitan mellorar a mobilidade urbana sen restar servizos á veciñanza.