O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición de cursos tradicionais e de lecer

AMariñaXa
Estas actividades están abertas a persoas de todas as idades
bordado-coser
30 Jan 2025

O Concello de Burela pon en marcha unha nova edición de cursos dedicados a fomentar actividades tradicionais e de lecer, como o bolillo, os bailes de salón e o bordado.

Estas actividades están abertas a persoas de todas as idades e desenvolveranse nos seguintes horarios. O Curso de bolillos será os martes, en horario de mañá e tarde, o de bailes de salón será os martes e xoves pola tarde; e o de bordado impartirase os mércores (mañá e tarde) e os xoves pola mañá.

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición no Concello entre os días 28 de xaneiro e 3 de febreiro, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

0.16688299179077