O Concello de Burela organiza un curso de bordado

AMariñaXa
O Concello de Burela organiza un curso de bordado que se desenvolverá do 17 de outubro ata o 17 de abril do 2023.
1 curso de bordado burela 2022
11 Out 2022

O Concello de Burela organiza un curso de bordado que se desenvolverá do 17 de outubro ata o 17 de abril do 2023.

Este obradoiro será un día e quenda a elexir polo participante entre os luns e mércores de 10.00 a 13.00 horas ou de 17.00 a 20.00 horas.

Para anotarse ou solicitar información será necesario facelos no CIM, situado no edificio do Concello en horario de 9 a 15.00 horas e é imprescindible presentar unha fotocopia do DNI.

curso de bordado burela 2022
0.085110902786255