O Concello de Burela instalará unha carpa na praza da Mariña para as actividades de Nadal
Burela acolle unha ampla programación cultural para o derradeiro mes do ano 2021. Para elo instalarán unha carpa na praza da Mariña entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro,
Así, contarán con actividades no interior como contacontos, talleres, música ou inchables, e con algunhas que aínda están en planificación.
Tamén haberá atracións durante o Nadal como o tirachinas, un toro mecánico, un globo e autos de choque, que terán un prezo de 2 euros.
A programación comezará o día 5 de decembro co acendido do alumeado de Nadal, e continuará o venres 10 ás 20.00 horas cunha actuación do Mago Joge, un espectáculo de maxia solidaria que terá un prezo de entrada de 3 euros.
O sábado 11 ás 20.00 horas será o concerto de Guadi Galego, o mércores 22 os máis cativos poderán desfrutar do seu día cunha tarde de balde na carpa da praza.
O xoves 23 de 11.00 a 23.00 horas haberá unha charla coloquio sobre o deporte e a obesidade infantil, estará a cargo de Noel Pinín, Adrián Ben e Ana Peleteiro. Tamén o 23 poderase desfrutar da obra de teatro Historia para unha man de Mircromina Teatro ás 18.00 horas. Terá entrada libre.
Xa o martes 28 ás 18.00 horas chegará o musical Es Navidad ao auditorio municipal, o xoves 30 de 18.30 a 20.30 horas haberá pasarrúas coa Charanga NBA polaas rúas do Concello ata chegar a praza.
O domingo 9 de xaneiro ás 18.00 horas será a quenda do musical El rey Leon 2: El regreso de Scar, no auditorio municipal.