O Concello de Burela inicia o luns o pintado de dúas rúas

AMariñaXa
O Concello de Burela procederá ao pintado de dous treitos das rúas Castelao e Concepción Arenal o vindeiro luns, 22 de febreiro.
rua concepcion arenal burela
20 Feb 2021

O Concello procederá ao pintado de dous treitos das rúas Castelao e Concepción Arenal o vindeiro luns, 22 de febreiro. O concelleiro de Obras, Ramiro Fernández, pide que non se aparque nesas zonas para facilitar eses traballos.

O edil burelés explicou que “o vindeiro luns, se as condicións meteorolóxicas o permiten, vamos proceder ao pintado de dúas rúas que estaban pendentes. Os traballos vanse levar a cabo o luns e quizais o martes”.

Ramiro Fernández indicou que “se pintará un tramo da rúa Castelao, que se cortará ao tráfico a primeira hora para facilitar todo o posible as labores de pintado. Pedímoslles aos veciños que non aparquen naquela zona, que é o tramo que vai desde Mobles Toxeiro ata o seguinte cruce. Puxemos carteis nese tramo para avisar aos veciños e que faciliten as labores para que se poidan facer o máis rápido posible. Outra zona que se vai pintar é un tramo da rúa Concepción Areal, onde tamén haberá que facer algún corte de tráfico”.

O concelleiro de Obras dixo que “son tramos pequenos que en principio van facerse con rapidez, pero para iso necesitamos que os veciños colaboren non aparcando os coches durante o tempo que se faga o pintado nesas zonas. Ademais vanse pintar pasos de peóns que se atopan en mal estado, pero para ese traballo non será necesario facer cortes de tráfico”.

Fernández Rey engadiu que “para facer estes pintados esperamos a que mellorara o tempo e parece ser que o luns e o martes non choverá. Vai coincidir cos cambios no tráfico que ocasionará o inicio da vacinación no centro de saúde. Polo tanto pedimos paciencia e colaboración aos veciños”.

0.13267993927002