O Concello de Burela inaugurará a mostra dos traballos realizados polas alumnas do curso de bordado

AMariñaXa
O Concello de Burela organiza un curso de bordado que se desenvolverá do 17 de outubro ata o 17 de abril do 2023.
29 Feb 2024

O Concello de Burela inaugurará a mostra dos traballos realizados polas alumnas do curso de bordado. O acto terá lugar ás 18.00 do venres 1 de marzo na sala de exposicións da Casa da Cultura.

Servirá tamén como homenaxe a dúas mulleres burelás que formaron redes de apoio a través desta arte. Esta mostra estará dispoñible para ser visitada ata o día 15 de marzo, en horario de 11.00 a 13.00 e de 18.00 a 20.00 de luns a venres

0.20498991012573