O Concello de Burela impulsa a modernización da rede de abastecemento e saneamento

AMariñaXa
As obras seguirán ao longo dos próximos meses, e o Concello continuará informando sobre novos proxectos
Casa_concello_Burela
3 Feb 2025

O Concello de Burela continúa avanzando na modernización das súas infraestruturas básicas coa mellora da rede de abastecemento e saneamento en varios puntos da vila. Recentemente, os traballos centráronse no barrio de Vila do Medio, onde se detectou un problema na tubaxe de formigón, acompañado dunha fuga de auga. Grazas a esta intervención, logrouse solucionar a avaría e mellorar o sistema de saneamento, cun investimento total de 26.000 euros.

Ademais, dentro deste plan de mellora, xa están adxudicadas as obras na rúa Camiño Real, que contarán cun orzamento próximo aos 32.000 euros. Estas actuacións permitirán renovar instalacións obsoletas e garantir un servizo máis eficiente e sustentable para os veciños.

O goberno municipal reafirma así o seu compromiso coa mellora das infraestruturas básicas, apostando por investimentos que optimicen a calidade de vida da cidadanía. As obras seguirán ao longo dos próximos meses, e o Concello continuará informando sobre novos proxectos.

0.16998410224915