O Concello de Burela está a estudar as mellores alternativas para tratar de recuperar o castiñeiro centenario de Cinoche

AMariñaXa
O Concello de Burela celebra a primeira colleita dos hortos urbanos cunha xuntanza festiva que terá lugar este venres 23 de setembro.
castiñeiro centenario Burela caminño Cinoche
28 Feb 2024

O Concello de Burela lamenta os danos sufridos polo emblemático castiñeiro centenario sito no camiño de Cinoche, derrubado polos fortes refachos de vento da borrasca Karlotta.

Esta árbore ten un especial significado, e converteuse nun símbolo representativo desta zona, pois boa parte da veciñanza e turistas, no seu paso pola ruta circular, facían o seu punto de parada nela.

Dende o Concello estanse a estudar as mellores alternativas para tratar de recuperar e preservar esta árbore emblemática, non só dende unha perspectiva medioambiental, senón tamén cultural e emocional.

Pídese á cidadanía que non manipule nin dane os restos da árbore, de cara a atopar a opción de recuperación da mesma máis viable.

0.14035511016846