O Concello de Burela entregará 80.000 máscaras a asociacións

AMariñaXa
O Concello de Burela entregará 80.000 máscaras a asociacións que conten entre os seus usuarios con persoas susceptibles de vulnerabilidade.
1 Burela entrega mascaras 2022
15 Mar 2022

O Concello de Burela entregará 80.000 máscaras a aquelas entidades inscritas no rexistro de asociacións e que actualmente estean a desenvolver calquera actividade de carácter colectivo na que conten entre os/as seus usuarios/as con persoas susceptibles de vulnerabilidade.

Segundo explica a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, “as máscaras a entregar, que ascenden a 80.000, foron adquiridas con financiamento a cargo do Plan Provincial Único de Cooperación cos Concellos 2021 da Deputación Provincial de Lugo”.

A edil socialista subliñou que “queremos facer chegar esta partida de máscaras a aquelas entidades inscritas no rexistro de asociacións do Concello de Burela e que actualmente estean a desenvolver calquera actividade de carácter colectivo na que conten entre os seus usuarios con persoas vulnerables. Xunto coas bases, que se atopan colgadas na sede electrónica municipal, publicamos dous anexos para que sexa fácil a solicitude das mesmas. Os colectivos interesados dispoñen de 15 días de prazo para a súa presentación, do 15 ao 29 de marzo”.  

0.20418500900269