O Concello de Burela emitirá en pantalla grande a participación do equipo da vila no programa Grand Prix
AMariñaXa
Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa
18 Xul 2024
O Concello de Burela emitirá finalmente a participación do equipo da vila no programa Grand Prix o día 29 de xullo na praza do Concello a partir das 21.30 horas.
Haberá unha presentación do equipo participante, e a continuación terá lugar a emisión do programa ás 22.05 horas en pantalla grande. Tamén se proxectará o vídeo que levou a Burela a ser protagonista do coñecido programa.
Dende o Concello animan a veciñanza a asistir vestida de azul para animar ao equipo, que se enfrontará ao da vila madrileña de Morata de Tajuña.
A alcaldesa, Carmela López, convida de novo "a todas as veciñas e veciños a encher a praza do Concello para mandarlles todas as nosas forzas ao noso equipo, que de seguro porá o nome de Burela en boca de toda España”.