O Concello de Burela e Ledicia levarán a cabo os actos que sustituirán á Feira do Bonito

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Burela anunciará a vindeira semana os actos que se organizarán o primeiro fin de semana de agosto, datas nas que tería que terse celebrado a Feira do Bonito.
24 Xul 2020

O Concello de Burela anunciará a vindeira semana os actos que se organizarán o primeiro fin de semana de agosto, datas nas que tería que terse celebrado a Feira do Bonito. O mércores terá lugar unha nova reunión con Ledicia para ultimar e anunciar os eventos que se levarán a cabo.

O alcalde, Alfredo Llano, sinalou que “o próximo mércores faremos unha xuntanza de novo con Ledicia, xa tivemos dúas, para decidir os actos que imos realizar co fin de lembrar a Feira do Bonito e Produart”.

O rexedor adiantou que “o sábado, día 1 de agosto, imos facer un evento no barco museo que vai consistir en izar a bandeira azul e nunha homenaxe aos mariñeiros en xeral e ao bonito en particular”.

Llano comentou que “imos decidir varios actos que faremos públicos o vindeiro mércores. Faremos algo relacionado co mundo do mar e coa pesca do bonito. Trataremos de involucrar á hostalería, faremos exposicións da cartelería que leva feita Ledicia da Feira e algo máis que estamos ultimando”.

O alcalde burelés engadiu: “queremos animar á xente e lembrar que estaríamos celebrando a Feira do Bonito. Dalgunha maneira farémolo aínda que sexa a menor escala”.

0.19550085067749