O Concello de Burela destina máis de 930.000 euros a novos proxectos con cargo ao remanente

AMariñaXa
A modificación de créditos permitirá financiar melloras en rúas, instalacións deportivas, espazos públicos e servizos sociais
BURELA-Pleno-2025
SD Burela, CB Burela e CD Burela FS colaboran compartindo cantina
21 Aug 2025

O Concello de Burela aprobou este venres, nun pleno extraordinario, unha modificación de créditos que ascende a 931.435,96 euros. O importe procede do remanente de tesourería para gastos xerais e, tras esta operación, a cantidade dispoñible no remanente sitúase nos 4.035.499 euros.

A concelleira de Economía, Patricia Eijo, explicou que a medida ten como finalidade impulsar actuacións diversas, como o pago de solo dotacional, a adquisición dunha máquina de desbroce e dun furgón grúa para obras, ou a reforma da rúa que enlaza as Casas Baratas coa Rúa Castelao, así como da Rúa Eijo Garay/Arcadio Pardiñas. Tamén está previsto instalar un novo marcador no Campo de Fútbol da Marosa e adquirir novas luces para a árbore de Nadal.

No listado de investimentos inclúense, ademais, melloras na Praza do Concello, no parque de Suafonte e no parque do Campón, a instalación de lavabos no Parque Rosalía de Castro, traballos de asfaltado, a renovación das instalacións da Marosa, o acondicionamento de despachos para os Servizos Sociais, a sinalización de recursos turísticos e a creación dun espazo recreativo en Vilar.

Eijo subliñou que todas estas actuacións “fináncianse co remanente que posúe o Concello” e recalcou que esta ferramenta permite “reinvestir eses fondos en proxectos concretos que repercuten directamente na mellora da vida da veciñanza”.

⚙ Configurar cookies
0.18217897415161