O Concello de Burela convoca catorce postos de traballo temporais
AMariñaXa
O Concello de Burela convoca catorce postos de traballo temporais. 7 de socorristas, 2 de xardineiros e 5 para a brigada de prevención
30 Xuño 2023
O Concello de Burela convoca sete prazas de socorristas, 2 de xardineiros/as e 5 para a brigada de prevención e extinción de incendios.
A alcaldesa, Carmela López, explicou que “as persoas interesadas en participar nesta convocatoria de postos de traballo temporais para este verán poden atopar toda a información na sede electrónica do Concello de Burela. Os prazos para a presentación das solicitudes oscilan entre os 5 e os 7 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia”.