O Concello de Burela comeza a campaña 'Reciclar ben non é un marrón'

AMariñaXa
Un novo sistema para residuos orgánicos
burela-reciclaxe-marron
30 Out 2024

O Concello de Burela dá comezo á campaña "Reciclar ben non é un marrón", coa que pon a disposición da veciñanza o novo sistema de contedores marróns para a reciclaxe de residuos orgánicos.

Será necesario inscribirse no servizo. Nos días seguintes citarase ás persoas que se apunten no formulario para facerlles entrega das chaves necesarias para empregar o contedor. Tamén se informará da súa ubicación e normas de uso.

0.14979004859924