O Concello de Burela cede e acondiciona catro vivendas ao centro social San Aníbal

AMariñaXa
O Concello de Burela cede e acondiciona un edificio de catro vivendas, que xestionará o centro de integración para emerxencia social.
burela alcalde vivendas san anibal
13 Out 2022

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, o tenente de alcalde, Ramiro Fernández, e a concelleira de Servizos Sociais, Carmela López, visitaron  dúas das vivendas cedidas ao centro social San Aníbal.

As obras destas antigas residencias de profesores do colexio da zona dos Castros xa están rematadas; as outras dúas están en obras.

O Concello de Burela cede e acondiciona deste xeito un edificio de catro vivendas, que xestionará o centro de integración para emerxencia social.

En concreto, a intención é destinalas a mulleres e familias en risco de vulnerabilidade e á mocidade de entre 18 a 25 anos que precise dunha vivenda transitoria para a súa emancipación.

Tanto o alcalde como os edís comprometéronse na visita a facilitar o diálogo coas administracións supra municipais para materializar a súa colaboración na xestión e funcionamento destas vivendas únicas na provincia.

0.15728497505188