O Concello de Burela busca a cobertura temporal de sete postos de profesor da Escola Municipal de Música

AMariñaXa
A Escola de Música de Burela abre o prazo de matrícula de novo alumnado. estará aberto hasta o venres día 14 de xullo en horario de oficina
19 Xan 2024

O Concello de Burela fixo públicas as bases reguladoras do proceso de selección para a cobertura temporal de sete postos de profesor/a da Escola Municipal de Música.

En concreto, as prazas son para un profesor/a de jazz; un profesor/a de música moderna; un profesor/a de coro; un profesor/a de cámara para corda fretada; un profesor/a de acompañamento de piano; un profesor/a de agrupación de metáis, e un profesor/a de percusión asociado a banda e orquestra.

“Dende a área de Educación do Concello de Burela temos un proxecto novo e de futuro para a Escola de Música, cun enfoque centrado nas agrupacións e na multidisciplinaridade”, explica Mario Pillado, tenente de alcaldesa. 

“Pensamos que é a forma de sacar adiante o servizo, despois de consultar os problemas da Escola coa comunidade educativa, tanto cos usuarios, como cos profesionais e dirección da propia Escola. Sabemos que o funcionamento da mesma pode ser mellor e sobre todo que a Escola ten que ser un referente non so musical senón tamén cultural e social na vila, unha entidade con prestixio; por iso cremos que esta nova formulación é a mais apropiada para iso”, engade. 

En palabras de Pillado, “queremos que esta situación sirva como impulso para a mellora continua do servizo e é no que levamos traballando dende que entramos no cargo, sendo conscientes de que avanzamos lentamente pero de forma segura”.

Máis información das bases do proceso no taboleiro de anuncios do concello. O prazo de presentación será de 7 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP). Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte.

0.13100695610046