O Concello de Burela axuda a Valencia tras o paso da DANA

AMariñaXa
Varios supermercados da vila están incluídos na campaña para aportar nun carro solidario
burela-dana
2 Nov 2024

O Concello de Burela axuda a Valencia. A FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, traslada a petición da Federación Valenciana de Municipios, na que solicita que os concellos que queiran colaborar cos afectados pola DANA recollan auga, leite, alimentos non perecedoiros e produtos hixiénicos.

Dende o Concello indican que se un quere axudar pode depositar no carro solidario a súa aportación. Os supermercados xa incluídos na campaña son Eroski Center, Alcampo, Eroski City, Claudio e Froiz. Agradecen pola disposición e indican que se irán unindo nos próximos días máis supermercados da vila.

0.065635919570923