O Concello de Burela aposta por darlle vida aos barrios históricos co cine ao aire libre

AMariñaXa
O Concello de Burela aposta por darlle vida aos barrios históricos da vila aos que achegará o cine ao aire libre este verán.
cine na rua burela veran 2023
12 Xul 2023

O Concello de Burela aposta por darlle vida aos barrios históricos da vila aos que achegará o cine ao aire libre este verán. A primeira sesión de Cine na Rúa terémola este venres, 14 de xullo, ás 22.30 horas na praza do Concello, onde proxectarase Lightyear 2022.

Haberá máis Cine na Rúa o 28 de xullo, o 10 e o 18 de agosto e queremos potenciar e abrir este tipo de eventos noutras zonas da vila como son as Casas Baratas, saíndo así das prazas habituais.

Lina Gómez, concelleira de cultura, agarda que “esta novidade teña unha boa acollida” “Con esta actividade queremos promover a cultura do cine. Asemade queremos potenciar e abrir este tipo de eventos noutras zonas da vila como son as Casas Baratas, saíndo así das prazas habituais. Incluso unha veciña do barrio nos contou que lle parecía unha boa idea, e que lle recordaba á súa nenez cando proxectaban nunha saba as películas”.

A alcaldesa, Carmela López, subliñou que “planificaremos e publicaremos calendarios mensuais que conteñan toda a oferta que hai en Burela, coordinando as áreas transversalmente e tentando darlle vida a todos os barrios da vila. Nos vindeiros días daremos a coñecer todas as actividades culturais, estivais e deportivas das que tanto a veciñanza como os visitantes poderán disfrutar”.

Na presentación do Cine na Rúa participaron a rexedora, Carmela López, a concelleira de Cultura, Lina Gómez, a concelleira de Festas e Festexos, Patricia Eijo, e o concelleiro de Deportes, Carlos Méndez.

0.13897204399109