O Concello de Barreiros vén de presentar varias alegacións en relación co proxecto do parque eólico Barreiros III
O Concello de Barreiros vén de presentar varias alegacións en relación co proxecto do parque eólico Barreiros III que afecta a Barreiros e Ribadeo.
A rexedora de Barreiros, Ana Ermida Igrexas, en calidade de alcaldesa-presidenta do Concello de Barreiros presentou varias alegacións como son a falta de planificación no desenvolvemento dos proxectos e ausencia de avaliación ambiental estratéxica do sector eólico en Galicia. A fragmentación do proxecto industrial eólico en varios proxectos independentes, división artificiosa e fraude de lei e a debilidade de posicións entre particulares afectados e administración local debido á complexidade técnico-xurídica dos procedementos e proxectos.
"Consideración xeral sobre o carácter estritamente mercantil do proxecto do PE Barreiros III, a súa escasa ou nula incidencia positiva na loita contra o cambio climático e as externalidades negativas derivadas da súa execución", di o seu escrito.
Pódese ver o detalle das alegacións no seguinte enlace.