O Concello de Barreiros renova a súa canle de WhatsApp

AMariñaXa
O Concello de Burela e o Burela FS colaboran coa USC para fortalecer os valores do deporte, a integración social e a igualdade de xénero
presentación servizo de Whatsapp barreiros 2024
21 Mar 2024

O Concello de Barreiros vén de realizar unha renovación da súa canle de comunicación a través de WhatsApp co fin de darlle un pulo no coñecemento da poboación en xeral.

Esta canle, que se puxo en marcha en plena pandemia, conta xa con persoas usuarias da mesma; pero a alcaldesa, Ana Ermida manifesta que pretenden “conseguir que chegue a moita máis poboación. Somos conscientes que a mensaxería de WhatsApp é cada vez máis utilizada por persoas de todas as idades e queremos que a información do Concello de Barreiros poida chegar de xeito directo e instantáneo a calquera persoa que o desexe.”

Por medio deste servizo o consistorio enviará información aos veciños e veciñas sobre as últimas novidades e eventos do Concello de Barreiros. Así, cada persoa poderá recibir alertas sobre actividades culturais, deportivas, sociais, dos bandos municipais, calendario, situación das praias, situacións de emerxencia e moito máis directamente no seu teléfono a través da aplicación WhatsApp.

ACCESO

Tan só haberá que engadir o teléfono 633 600 435 á lista de contactos e enviar a mensaxe ALTA BARREIROS xunto con nome e apelidos vía Whatsapp. Por exemplo: ALTA BARREIROS Sonia Gómez López

Esta canle de difusión está deseñada exclusivamente para enviar información de interese xeral á veciñanza.

0.16137003898621