O Concello de Barreiros rebaixa a débeda en 700.000 euros
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros rebaixa a débeda en 700.000 euros e agora só queda pendente o pago de 290.000 euros
8 Xan 2021
Tal e como avanzou a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, o Goberno local conseguiu rebaixar a débeda pendente en 700.000 euros no ano e medio que levan ao fronte do Concello.
Segundo indica, a contención do gasto durante este tempo é a responsable deste resultado, xa o millón de euros pendente ao principio, procedente de facturas impagadas, agora só queda pendente o pago de 290.000 euros, 150.000 corresponden ao ano pasado e o resto ao 2019.
Segundo indicou a alcaldesa, para poder chegar a estas cifras fíxose un control do gasto moi intenso "sempre con responsabilidade pero sen deixar de atender os servizos fundamentais para a cidadanía, utilizando o sentido común e racionalizando".