O Concello de Barreiros quere rehabilitar o teleclub e o edificio anexo a casa consistorial

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Barreiros comunicou a súa intención de recuperar dous inmobles municipais o teleclub de San Cosme de Barreiros e o edificio anexo ao Concello, así o dicidiron no Pleno no que aprobaron por unanimidade a solicitude de préstamos de 713.
DSC_0085 1
30 sep 2020

O Concello de Barreiros comunicou a súa intención de recuperar dous inmobles municipais o teleclub de San Cosme de Barreiros e o edificio anexo ao Concello, así o dicidiron no Pleno no que aprobaron por unanimidade a solicitude de préstamos de 713.000 euros.

"O teleclub é un edificio construído a mediados do século pasado por iniciativa popular e mediante contribucións económicas da propia veciñanza da parroquia", comenta Ana Ermida, alcaldesa de Barreiros. 

O Concello posúe este inmoble, que a día de hoxe só é aproveitado parcialmente albergando a Aula Cemit e cesións en precario de zonas para usos puntuais, con grande potencialidade para poder dotar á capital municipal dun espazo accesible, sociocomunitario  e colectivo.

Neste sentido, "o edificio dividiríase en dúas áreas que complementarían as instalacións existentes correspondentes á Aula Cemit, onde existe un uso habitual por parte das persoas que acceden ás novas tecnoloxías desde a aula  e que acoden á mesma en busca de formación no ámbito tecnolóxico", di Ermida.

Por un lado, a planta baixa estaría adicada aos servizos á poboación, conservando un espazo para o bar-cafetería que, ademais de complementar e mellorar a oferta de hostalería existente en San Cosme, serviría como polo de atracción de vida social e daría servizo ao propio edificio e os locais que albergara. Nesa mesma planta realizaríase unha distribución de espazos que permitise destinala a espazo comunitario de traballo, poñéndose a disposición de pequenas ou medianas empresas ou persoas físicas oficinas para o desenvolvemento das súas actividades laborais. O espazo contaría ademais cunha sala de reunións ou uso común para o servizo das oficinas alí instaladas, ademais dos aseos.

A entidade local poría a disposición do tecido económico, en réxime de alugueiro ou similar, cinco oficinas a prezos moi competitivos co fin de promover o asentamento de novos negocios no municipio que contribúan a unha maior dinamización e diversificación económica de Barreiros. Ademais do acceso ao local en si, estarían dotados de sala de reunións común e doutros servizos como conexión telefónica ou internet que contribuiría a poñer en valor o espazo como centro laboral.

Por outro lado, e atendendo tamén á concepción orixinal da construción no seu momento, a segunda planta do edificio estaría destinada a albergar espazos de uso netamente social, por medio da posta a disposición de locais para as distintas entidades sen ánimo de lucro.

O proxecto contempla a división da planta alta do edificio que se dotaría de accesibilidade ao mesmo por medio dunha rampla exterior de acceso en cinco locais destinados a colectivos que poidan desenvolver actividade de calquera índole no municipio. Neste sentido, combínanse locais para labores propiamente administrativas ou de organización para determinados colectivos que o demandan con outros preparados para a realización nos mesmos de actividades de ocio ou culturais como preparación de eventos, cursos ou xornadas de entretemento dirixidas a diversos públicos.

Con esta dotación, a parroquia de San Cosme de Barreiros e, polo tanto, a capital municipal, quedaría cuberta de servizos destinados ao tecido sociocultural de base e o edificio do Teleclub e o seu entorno recuperaría a referencialidade e a atracción social, contribuíndo a dinamizar o centro da parroquia, construíndo un espazo para as persoas que poida provocar unha dinámica urbana de núcleo arredor dun punto de encontro dotado dos servizos necesarios.

Por outra banda, o edificio escola anexo ao Concello, convertir a casa consistorial e as escolas nun edificio único, que contaría cos servizos do Concello, a parte de arriba reconvertila en arquivo municipal e a parte de abaixo como salas multiusos para ser utilizadas coas diferentes actividades.

DSC_0704
0.18414497375488