O Concello de Barreiros quere poñer nome ás figuras dos Xigantes e Cabezudos

AMariñaXa
O Concello de Barreiros quere "bautizar" ás figuras dos Xigantes e Cabezudos que foron restaurados e sairán de novo a animar as rúas.
quiroga cabezudos festas
quiroga cabezudos festas
7 Feb 2023

Este ano o Concello de Barreiros pide a colaboración veciñal para desfrutar un pouco máis da festa de Entroido. Así, queren "bautizar" ás figuras dos Xigantes e Cabezudos que foron restaurados e sairán de novo a animar as rúas.

Para iso, veñen de abrir un proceso participativo no que os veciós serán quen properán os nomes que queiran para os dous xigantes e seis cabezudos.

Os únicos requisitos son que debe ser en galego e que teña algún tipo de xustificación do motivo escollido. A ficha pódese descargar aquí e entregala cuberta nos colexios do Concello, nas oficinas municipais e na biblioteca.

O xurado encargado de valorar as propostas estará composto por persoal municipal e membros de asociación organizadoras do Entroido. A data límite será o mércores 15 de febreiro.

0.089230060577393