O Concello de Barreiros puxo en marcha o servizo de recollida de plásticos agrícolas nas explotacións

AMariñaXa
O Concello de Barreiros comezou a licitación para poñer en marcha un servizo de compostaxe comunitario en San Cosme.
primeira recollida de plasticos agricolas nas explotacions gandeiras Barreiros 2023
1 Out 2023

O Concello de Barreiros puxo en marcha o servizo de recollida de plásticos agrícolas nas explotacións. Tras a primeira recollida levada a cabo durante o mes de maio, tense organizada unha segunda recollida para o mes de outubro.

A este respecto, ponse en coñecemento das persoas titulares de explotacións interesadas en contar con dito servizo na vindeira recollida das condicións para o mesmo.

Así, é necesario que as explotacións interesadas neste servizo se anoten antes do 11 de outubro chamando ao 982 124 002 aportando datos como nome, teléfono, lugar e cantidade aproximada de plásticos.

Para a recollida dos plásticos estes deben atoparse nun estado razoable de limpeza, non podendo acumular grandes cantidades de terra ou restos orgánicos. Deben estar debidamente acumulados en sacas ou gavelas amarradas que faciliten o manexo e eviten que se cisquen.

Con carácter previo á recollida, o persoal municipal encargarase de comprobar o correcto depósito dos mesmos, así como o lugar correcto de recollida. Para a recollida na explotación márcase un mínimo de acumulación duns 3 metros cúbicos.

0.10004997253418